Saint Just (bonus track)

from by Das Kapital

/

about

No Partido da Montaña resisten os lobos. Acazapados. “Non é posíbel reinar de xeito inocente”, afirma un deles. O pasado ilumina o presente. Como un lóstrego. Apoloxía da guillotina. “Todos os membros da cidade son iguais e no intre en que deixan de selo a sociedade xa non existe”, explica Louis Antoine de Saint-Just, “porque a desigualdade é o mesmo que a forza e unha sociedade fundada na forza non é máis ca unha agregación de salvaxes”. O monstro somos nós.

lyrics

O tempo do lobo / revólvese contra nós / contra o duro inverno / do noso descontento / contra o testemuño do coitelo / Abrimos ese lugar / polo que transitan pantasmas / Deixamos pasar unha rabia fría / destituímos / a lingua de madeira / Somos apenas sombras / nun bosque grande / e escuro / Somos no tempo do lobo

credits

from Das Kapital, track released January 13, 2014

tags

license

about

DasKapital Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact DasKapital

Streaming and
Download help